Griffiths, R. 1990. “Speech Rate and NNS Comprehension: A Preliminary Study in Time-Benefit Analysis.” Language Learning 40: 311-336.
No ensino de linguas, este termo emprégase para describir o proceso polo que un estudante recorre sistematicamente a estruturas fonolóxicas, morfolóxicas ou sintácticas que son regulares na lingua meta, polo xeral como resultado dunha sobrexeneralización de regras xa existentes na devandita lingua meta, o que lle leva en ocasións a cometer erros. Así, por exemplo, o estudante emprega unha única regra para a formación dos tempos en pasado (en inglés, engadindo -ed á raíz do verbo; en galego, tomando como raíz para a conxugación do paradigma irregular unha mesma forma, como se se tratase da raíz dun verbo regular) ignorando as excepcións e producindo formas incorrectas tales como *bringed, *speaked, *poñeu, *cabeu, etc. Apuntouse a posibilidade de que a existencia de rexistros simplificados en etapas iniciais da adquisición dunha L2 poida axudar ao proceso de comprensión e aprendizaxe, aínda que non existen estudos concluíntes a este respecto. A interlinguaxe dun estudante considérase tamén un código simplificado con características ben definidas: sintaxe máis sinxela e con estruturas máis breves que as dun falante nativo, un maior emprego dos tempos en presente, emprego de vocabulario concreto e neutro, un maior uso de verbos copulativos fronte a outro tipo de verbos, etc.
Hatch, E. M. 1983. Psycholinguistics. A Second Language Perspective. Rowley, Mass.: Newbury House, Publishers.
Kleifgen, J. A. 1985. “Skilled Variation in a Kindergarten Teacher’s Use of Foreigner Talk”, in Gass, S. & Madden, C. (eds.). Input in Second Language Acquisition. Rowley, Mass.: Newbury House, pp. 59-68.