Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Simplificación elaborativa

Definición:

Termo que describe a estratexia empregada polos estudantes dunha segunda lingua mediante a que fan máis complexo o sistema gramatical ao formular hipóteses que son realmente aproximacións á regra. Este termo oponse ao de simplificación restritiva, a través do que os aprendices reducen a complexidade da lingua.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Meisel, J. 1980. “Linguistic Simplification”, in Felix, S. (ed.). Second Language Development: Trends and Issues. Tübingen: Gunter Narr, pp. 13-40.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Simplificación elaborativa
Inglés: 
Elaborative simplification
Francés: 
Simplification élaboratrice
Alemán: 
Elaborierte Simplifikation
Italiano: 
Semplificazione elaborativa
Portugués: 
Simplificação elaborativa
Ruso: 
Элаборативное упрощение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/simplificacion-elaborativa, con data de acceso 19/03/2024).