Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Modificación elaborativa

Definición:

Conxunto de alteracións no discurso que favorecen a comprensión dunha determinada mensaxe. Divídense en dous tipos:

  1. as que contribúen á redundancia, como, por exemplo, a paráfrase ou o uso de sinónimos; e
  2. as que colaboran para que a estrutura temática sexa explícita, como, por exemplo, a extraposición (Exemplo: É unha parvada discutir por isto fronte a Discutir por isto é unha parvada) e as construcións fendidas (Exemplo: Foi Xoán o que rompeu o vaso fronte a O que rompeu o vaso foi Xoán).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Chaudron, C. & Richards, J. 1986. “The Effect of Discourse Matters on the Comprehension of Lectures.” Applied Linguistics 7: 113-127.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Modificación elaborativa
Inglés: 
Elaborative modification(s)
Francés: 
Modification élaboratrice
Alemán: 
Simplifikation
Italiano: 
Modifiche elaborative
Polaco: 
Uproszczenie
Portugués: 
Modificação elaborativa
Ruso: 
Упрощение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/modificacion-elaborativa, con data de acceso 05/11/2024).