Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Fala para estranxeiros

Definición:

Tamén fala dirixida aos estranxeirosRexistro simplificado que os falantes nativos dunha lingua adoitan utilizar cando se dirixen ou conversan con falantes non nativos. As características particulares deste rexistro poden resumirse como segue:

  1. simplificacións sintácticas e léxicas nas frases, e
  2. axustes interactivos no nivel discursivo por parte do falante nativo coa fin de facilitar a comprensión aos falantes non nativos.

Estas adaptacións ou axustes adoitan reflectirse na formulación dunha proporción máis alta de preguntas con respecto ao número de afirmacións e tamén na presenza dunha cantidade bastante elevada de expresións co fin de comprobar a comprensión, preguntas para confirmar que se estableceu a comunicación, repeticións, paráfrases e abundantes explicacións. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Long, M. H. & Seliger, H. W. 1983. Classroom Oriented Research in Second Language Acquisition. Rowley, Mass.: Newbury House Publishers.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Habla para extranjeros
Inglés: 
Foreigner talk
Francés: 
Langue pour étrangers
Alemán: 
Ausländerregister/ Foreigner Talk
Italiano: 
Parlata straniera
Portugués: 
Discurso adaptado a falantes não-nativos
Ruso: 
Иностранная речь
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/fala-estranxeiros, con data de acceso 06/12/2024).