Fontaine, L., Bartlett, T. & O'Grady, G. 2013. Systemic Functional Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press.
Seguimento do progreso do alumno en diversas fases da súa aprendizaxe. Normalmente implica información cuantitativa e cualitativa.
Seguimento do progreso do alumno en diversas fases da súa aprendizaxe. Normalmente implica información cuantitativa e cualitativa.
No modelo de análise afín aos postulados de M. A. K. Halliday, os rexistros son variedades lingüísticas definidas en función do contexto de uso, por oposición a aquelas outras denominadas dialectos e as determinadas por características do falante como a idade, a clase social, etc. Os diferentes compoñentes da situación adoitan agruparse en tres dimensións, cada unha das cales condiciona diferentes aspectos do texto: o campo de discurso (en inglés, field), referido ao tema tratado e ao propósito perseguido; permítenos distinguir, por exemplo, a linguaxe das matemáticas da da lingüística; o modo de discurso (en inglés, mode), alude á canle empregada e permite distinguir, por exemplo, a lingua escrita da oral; e finalmente o tenor do discurso (en inglés, tenor) refírese á relación entre os participantes, o que inclúe entre outros aspectos o nivel de formalidade.
Fontaine, L., Bartlett, T. & O'Grady, G. 2013. Systemic Functional Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press.
Halliday, M. A. K. 1994. An Introduction to Functional Grammar. London: Edward Arnold. 2nd edition.
No ámbito da sociolingüística, este termo emprégase ás veces nun sentido restrinxido con referencia a unha variedade lingüística característica de determinada actividade ou ocupación profesional e diferenciada doutras fundamentalmente no nivel do léxico. Entendendo o concepto deste xeito, pódese falar dun rexistro propio dos montañeiros, dos mecánicos, dos corredores de bolsa, etc.
Biber, D. & Finegan, J. (eds.) 1994. Sociolinguistic Perspectives on Register. Oxford: Oxford University Press.
Halliday, M. A. K. 1978. Language as Social Semiotic: The Social Interpretation of Language and Meaning. London: Edward Arnold.
Wardhaugh, R. 1986. An Introduction to Sociolinguistics. Oxford: Blackwell, 1992.