Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Sociolingüística

Definición:

Disciplina lingüística que estuda a interacción entre as formas lingüísticas e o contexto social no que estas se empregan. Dada a natureza complexa da linguaxe, trátase dun ámbito de estudo multidisciplinar que se nutre de aportacións de diversas áreas en principio alleas á lingüística, tales como a antropoloxía, a socioloxía, a psicoloxía social, etc. Nun sentido amplo, a sociolingüística abrangue investigacións con metodoloxías e obxectivos específicos moi diversos, entre os que cómpre incluir: análises cuantitativas nas que se pretende atopar correlacións entre certas formas lingüísticas (variables lingüísticas) e factores como a idade, o sexo ou a clase social dos falantes; estudos sobre os mecanismos do cambio lingüístico, o contacto de linguas, as linguas pidgin e crioulas, a estrutura da interacción conversacional, etc. Alguns estudiosos prefiren reunir aquelas investigacións de interese máis marcadamente sociolóxico (por exemplo, as que se centran nas implicacións sociais do plurilingüismo) baixo a denominación de socioloxía da linguaxe, que entenden como complementaria da sociolingüística.

⇒ socioloxía da linguaxe.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Coupland, N. 2016. Sociolinguistics: Theoretical debates. Cambridge: Cambridge University Press.

Fasold, R. 1984. The Sociolinguistics of Society. Oxford: Blackwell.

López Morales, H. 1993. Sociolingüística. Madrid: Gredos. 2ª edición.

Romaine, S. 1994. Language in Society: An Introduction to Sociolinguistics. Oxford: Oxford University Press.

Trudgill, P. 1983. Sociolinguistics: An Introduction to Language and Society. Harmondsworth: Penguin.

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Sociolingüística
Inglés: 
Sociolinguistics
Francés: 
Sociolinguistique
Alemán: 
Soziolinguistik
Italiano: 
Sociolinguistica
Portugués: 
Sociolinguística
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/sociolinguistica, con data de acceso 07/12/2019).