Fishman, J. A. 1972. Readings in the Sociology of Language. The Hague: Mouton.
Estudo da interrelación entre as variedades lingüísticas e a estrutura social. Os que separan esta disciplina doutra que denominan sociolingüística, o obxecto da cal descríbese en termos similares, adoitan entender a diferenza entre ambas as dúas como unha cuestión de énfase, xa que mentres a sociolingüística pretende avanzar no coñecemento da estrutura das linguas desde unha perspectiva social, a socioloxía da linguaxe aspira máis ben a coñecer mellor a organización social dos procesos lingüísticos e os problemas sociais que xorden no ensino de primeiras e segundas linguas, como pode observarse nos estudos de Joshua Fishman. Entre os temas que trata cómpre destacar o bilingüismo, a diglosia, a elección de código en comunidades plurilingües e a morte dunha lingua.
López Morales, H. 1993. Sociolingüística. Madrid: Gredos. 2ª edición.