Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Bilingüismo

Definición:

Utilización de dúas linguas por parte dun individuo ou dun grupo. Non existe, non obstante, consenso con respecto ao grao de coñecemento de cada unha das linguas implícito no termo. No caso das sociedades bilingües o termo pode referirse a distintas modalidades de coexistencia de linguas que xeralmente implican certo nivel de especialización funcional (⇒ diglosia).

Desde o punto de vista do individuo, adoitan distinguirse desde Weinreich (1953) dous tipos de bilingüismo: coordinado e composto. Para os bilingües coordinados, as palabras equivalentes nas dúas linguas (por exemplo, galego fiestra e inglés window) teñen significados (lixeiramente) diferentes ou designan conceptos diferentes, mentres que para os bilingües compostos as dúas formas teñen un significado idéntico. É dicir, o bilingüe coordinado mantén ambas as linguas separadas mentres que o composto as fusiona conceptualmente. Weinreich distingue ademais un terceiro tipo, o bilingüismo subordinado, no que as palabras da segunda lingua son aprendidas a través dos seus equivalentes na lingua dominante. Na revisión desta taxonomía, outros investigadores incluíron o bilingüismo subordinado dentro do composto. Cando o número de linguas é maior de dúas, empréganse os termos multilingüismo e plurilingüismo.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Appel, R. & Muysken, P. 1987. Language Contact and Bilingualism. London: Edward Arnold.

Romaine, S. 1989. Bilingualism. Oxford: Blackwell.

Siguán Soler, M. 2001. Bilingüismo y lenguas en contacto. Madrid: Alianza.

Vez Jeremías, J. M. 1988. “El bilingüismo. Aprendizaje de una lengua añadida”, en García Padrino, J. & Medina, A. (dirs.), 1988, pp. 186-210.

Weinreich, U. 1953. Languages in Contact. La Haya: Mouton, 1966.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Bilingüismo
Inglés: 
Bilingualism
Francés: 
Bilinguisme
Alemán: 
Zweisprachigkeit
Italiano: 
Bilinguismo
Polaco: 
Dwujęzyczność
Portugués: 
Bilinguismo
Ruso: 
Двуязычие/Билингвизм
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/bilinguismo, con data de acceso 14/11/2024).