Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Diglosia

Definición:

Termo empregado por Charles Ferguson (1959) para denominar aquel tipo de situación na que dúas variedades dunha lingua coexisten nunha mesma comunidade de tal modo que unha delas, a variedade A(lta), presenta un elevado grao de estandarización e unha tradición literaria de gran prestixio, adquírese xeralmente a través da instrución formal e é a empregada para as funcións máis formais, tales como a educación, a administración pública. A outra, a variedade B(aixa), carece de prestixio e de tradición literaria escrita e é a utilizada na conversa ordinaria. Esta é, por exemplo, a relación que se dá entre o árabe clásico (A) e as distintas variedades de árabe coloquial (B) nos países árabes, ou a que existe entre o alemán estándar (A) e os seus dialectos locais (B) en Suíza. Revisións posteriores da formulación de Ferguson por parte doutros sociolingüistas ampliaron o sentido do termo para referirse a calquera situación na que variedades dunha mesma lingua ou inclusive linguas diferentes presentan unha distribución susceptible de ser descrita en termos de variedade B, empregada nas situacións máis informais, e variedade A, de maior prestixio, reservada para os usos máis formais.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Fasold, R. 1984. The Sociolinguistics of Society. Oxford: Blackwell.

Ferguson, C. A. 1959. “Diglossia.” Word: 325-340. Also in Giglioli, P. P. (ed.) 1972. Language and Social Context. Harmondsworth: Penguin, pp. 232-251.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Diglosia
Inglés: 
Diglossia
Francés: 
Diglossie
Alemán: 
Diglossie
Italiano: 
Diglossia
Polaco: 
Dyglosja
Portugués: 
Diglossia
Ruso: 
Диглоссия
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/diglosia, con data de acceso 14/09/2024).