Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Diferenzas individuais de aprendizaxe

Definición:

Variacións presentes no proceso de aprendizaxe dunha lingua que se pon de manifesto entre unhas persoas e outras. A aprendizaxe de segundas linguas non é o resultado dun único factor, senón de diferentes variables que poden agruparse en tres grupos:

  1. factores cognitivos, tales como a aptitude, estilo cognitivo, estilo de aprendizaxe e intelixencia;
  2. factores afectivos, entre os que se atopan a motivación, actitude e personalidade; e
  3. factores físicos: idade, sexo.

Estes tres grupos de factores están interrelacionados: cada un deles inflúe nos demais e todos no seu conxunto condicionan o proceso de aprendizaxe dunha segunda lingua.

Bibliografía: 

Bazo, P. 1996. "Student Characteristics", in McLaren, N. & Madrid, D. (eds.). A Handbook for TEFL. Alcoy: Marfil, pp. 39-63.

Dörnyei, Z. 2010. The Psychology of the Language Learner: Individual Differences in Second Language Acquisition. New York: Routledge.

Ellis, R. 1994. The Study of Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.

Muñoz, C. 2001. “Factores escolares e individuales en el aprendizaje formal de una lengua extranjera”, in Pastor Cesteros, S. & Salazar García, V. (eds.). Tendencias y líneas de investigación en adquisición de segundas lenguas. Alicante: Universidad de Alicante, pp. 249-270.

Ramos Méndez, Carmen. 2007. El pensamiento de los aprendientes en torno a cómo se aprende una lengua: dimensiones individuales y culturales. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia.

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Diferenzas individuais de aprendizaxe
Inglés: 
Individual learner differences
Francés: 
Différences individuelles de l'apprenant
Alemán: 
Individuelle Lernunterschiede
Italiano: 
Differenze individuali del discente
Polaco: 
Różnice indywidualne między uczącymi się języka
Portugués: 
Diferenças individuais de aprendizagem
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/diferenzas-individuais-aprendizaxe, con data de acceso 29/11/2020).