Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Estilo de aprendizaxe

Definición:

Aínda que moitos autores utilizan os termos estilo cognitivo e estilo de aprendizaxe como sinónimos, en realidade, este último abarca ao anterior pois non só inclúe aspectos puramente cognitivos, senón tamén todas aquelas manifestacións internas e externas do alumno no proceso de aprendizaxe.

O estilo de aprendizaxe pódese definir como a forma na que os aprendices orientan a resolución de problemas na aprendizaxe de linguas. Está relacionado co funcionamento psicolóxico da mente do aprendiz xa que abarca características cognitivas, afectivas ou fisiolóxicas. A psicoloxía cognitiva distingue diferentes tipos de estilo de aprendizaxe: impulsivo-reflexivo, diverxente-converxente. Tamén se distinguen modalidades dentro do estilo de aprendizaxe como a visual, auditiva, cinestésica e táctil. 

Bibliografía: 

Ellis, R. 1994. The Study of Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.

Reid, J. 1987. “The Learning Style Preferences of ESL Students.” TESOL Quarterly 21/1: 87-111.

Willing, K. 1987. Learning Styles and Adult Migrant Education. Adelaide: National Curriculum Resource Centre.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Estilo de aprendizaje
Inglés: 
Learning style
Francés: 
Style d'apprentissage
Alemán: 
Lernstil
Italiano: 
Stile di apprendimento
Polaco: 
Styl uczenia się
Portugués: 
Estilo de aprendizagem
Ruso: 
Стиль обучения
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/estilo-aprendizaxe, con data de acceso 13/10/2024).