Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Estimación

Definición:

Tamén chamada estatístico (en inglés, statistic), denomínase así a calquera propiedade dunha mostra, en contraste coas propiedades ou características dunha poboación, que reciben o nome de parámetros. Por exemplo, se a media das puntuacións dun exame de francés efectuado a un grupo de 500 inmigrantes de orixe hispana maiores de 30 anos é de 6,3, ese valor numérico será un estatístico ou unha estimación relativa á mostra seleccionada, e utilizarase como cálculo aproximado do parámetro real da poboación (que posiblemente non sexa exactamente 6,3). O procedemento polo que se estima o valor dun parámetro a partir dun estatístico denomínase estimación estatística, e a posible diferenza existente entre estatísticos e parámetros recibe o nome de erro mostral.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bisquerra Alzina, R. 1989. Métodos de investigación educativa. Guía práctica. Barcelona: CEAC.

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Estimación
Inglés: 
Estimate
Francés: 
Estimation
Alemán: 
Schätzung
Italiano: 
Stima
Polaco: 
Oszacowanie
Portugués: 
Estimativa
Ruso: 
Оценка
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/estimacion, con data de acceso 10/12/2024).