Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Media

Definición:

En estatística, unha das medidas da tendencia central dunha distribución, xunto coa moda e a mediana. A media aritmética dun conxunto de puntuacións ou valores obtense sumando todas esas puntuacións e dividindo o resultado entre o número das mesmas. Por exemplo: se as cualificacións de 4 exames son 3, 4, 6 e 7, a media será 5, xa que (3+4+6+7) : 4 = 20 : 4 = 5.

Exemplos: 

Se as cualificacións de 4 exames son 3, 4, 6 e 7, a media será 5, xa que (3+4+6+7) : 4 = 20 : 4 = 5.

Bibliografía: 

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.

Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.

Nortes Checa, A. 1991. Estadística teórica y aplicada. Barcelona: DM/PPU.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Media
Inglés: 
Mean
Francés: 
Moyenne
Alemán: 
Arithmetisches Mittel
Italiano: 
Media
Polaco: 
Średnia arytmetyczna
Portugués: 
Média
Ruso: 
Среднее значение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/media, con data de acceso 07/12/2024).