Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.
En estatística, indicador da tendencia central dunha distribución, xunto coa mediana e a media. É o valor que aparece con máis frecuencia nunha mostra. Por exemplo, nas seguintes puntuacións de exames, a moda é igual a 40, xa que este é o valor que máis se repite:
Puntuacións |
Alumnos con esas puntuacións |
---|---|
10 |
5 |
20 |
10 |
30 |
6 |
40 |
20 |
50 |
8 |
Cando unha distribución posúe dúas ou máis modas, recibe o nome de bimodal, trimodal, etc. Por exemplo, se no caso anterior houbese 20 estudantes con 40 puntos e outros 20 con 30, obteríase unha distribución bimodal cuxas modas serían 30 e 40.
Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.
Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.
Nortes Checa, A. 1991. Estadística teórica y aplicada. Barcelona: DM/PPU.