Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.
En estatística, unha das medidas da tendencia central dunha distribución, xunto coa media e a moda. A mediana é o punto central dunha distribución, é dicir, o valor que divide unha mostra en dúas partes de igual frecuencia unha vez ordenados todos os seus valores de menor a maior. Coincide co percentil 50. Por exemplo, a mediana das seguintes puntuacións: 4, 6, 7, 8, e 12 será 7. Se o número de valores fora par, como no conxunto 7, 11, 12, 13, 18, 30, a mediana sería o punto medio entre os dous valores centrais (é dicir, 12,5). Trátase dunha medida moi apropiada para obter a tendencia central cando os datos están organizados nunha escala ordinal ou nunha escala gradual.
A mediana das seguintes puntuacións: 4, 6, 7, 8, e 12 será 7. Se o número de valores fora par, como no conxunto 7, 11, 12, 13, 18, 30, a mediana sería o punto medio entre os dous valores centrais (é dicir, 12,5).
Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.
Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.
Nortes Checa, A. 1991. Estadística teórica y aplicada. Barcelona: DM/PPU.