Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Escala

Definición:

En estatística e en exames, denomínanse escalas aos distintos modos de organizar, medir ou asignar valores aos datos recompilados dunha mostra. Existen diferentes tipos de escalas, dependendo da natureza das variables que se estudan ou da precisión que requira a organización dos datos. Normalmente considéranse catro tipos de escalas de medida:

  1. Escala nominal ou categorial. Agrupa aos individuos dunha mostra en clases ou categorías mutuamente excluíntes e sen relación matemática entre si. Por exemplo, a variable “lingua materna” pode organizarse nunha escala nominal con 3 categorías (1: galego; 2: francés; 3: inglés). Unha escala nominal recibe o nome de dicótoma se o atributo que se vai a estudar posúe só dúas categorías, por exemplo, sexo masculino fronte a sexo feminino.
  2. Escala ordinal. Asigna números aos individuos dunha mostra, ordenándoos xerárquicamente con respecto a un certo atributo ou habilidade. Por exemplo, se nun exame de 100 puntos o estudante A obtén 76, o B obtén 92 e o C obtén 83, os devanditos estudantes poderán disporse nunha escala ordinal onde B será o primeiro, C o segundo e A o terceiro.
  3. Escala de intervalos. É semellante á escala ordinal en canto á asignación de valores, pero os intervalos ou distancias entre os seus valores son comparables. É o que sucede, por exemplo, nunha escala centígrada: a diferenza entre 20 e 30 graos é a mesma que entre 30 e 40, é dicir, 10 graos.
  4. Escala de proporción ou de razón. É semellante á escala de intervalos, pero posúe un cero absoluto (é dicir, un valor que indica a ausencia da calidade que se mide, e que non pode ser rebasado inferiormente) e os seus puntos son múltiplos doutros puntos. Por exemplo, se o estudante A tarda 2,5 segundos en identificar un son, o B tarda 5 e o C tarda 10, os seus tempos poderanse organizar nunha escala de proporción, posto que B tarda o dobre que A, e C o dobre que B.
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bachman, L. F. 1990. Fundamental Considerations in Language Testing. Oxford: Oxford University Press.

Bisquerra Alzina, R. 1989. Métodos de investigación educativa. Guía práctica. Barcelona: CEAC.

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Escala
Inglés: 
Scale
Francés: 
Échelle
Alemán: 
Skala
Italiano: 
Scala
Polaco: 
Skala
Portugués: 
Escala
Ruso: 
Шкала
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/escala, con data de acceso 06/11/2024).