Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Erro típico (ET)

Definición:

Tamén denominado erro estándar.

Para determinar o grao de fiabilidade dun exame pódese recorrer ao chamado erro estándar de medida, que serve para establecer unha marxe ao redor da puntuación real obtida por un estudante nunha proba. Dentro da devandita marxe deberían localizarse todas as súas posibles puntuacións no caso de que o estudante repetise varias veces a proba. O erro estándar viría sendo a desviación típica (desviación estándar) dunha distribución hipotética de puntuacións posibles.

En estatística, o erro típico ou estándar serve para indicar o intervalo de confianza con respecto á fiabilidade dos cálculos realizados sobre unha mostra; noutras palabras, determina o grao no que a estimación dunha mostra pode diferir con respecto ao parámetro dunha poboación. O termo emprégase comunmente para aludir ao chamado erro estándar da media, que se refire a canto pode desviarse a media da mostra analizada con respecto á media da poboación total. Áchase dividindo a desviación típica entre a raíz cadrada do número de individuos da mostra. Un bo intervalo para estimar a media da poboación é o que resulta de restar e sumar á media da mostra dúas veces o seu erro estándar. 

Exemplos: 

Nunha mostra de 64 alumnos cunha puntuación media de 56 e unha desviación típica de 24, o erro estándar da media é 24 : 8 = 3, e os extremos do intervalo de estimación para a media das puntuacións na poboación serían 56 - (2 x 3) = 50 e 56 + (2 x 3) = 62.

Bibliografía: 

Bisquerra Alzina, R. 1989. Métodos de investigación educativa. Guía práctica. Barcelona: CEAC.

Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.

Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.

Fulcher, G. 2010. Practical Language Testing. London: Hodder Education.

Lowie, W. & Seton, B. 2013. Essential Statistics for Applied Linguistics. London: Palgrave.

Woods, A., Fletcher, P. & Hughes, A. 1986. Statistics in Language Studies. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Error típico (ET)
Inglés: 
Standard error (SE)
Francés: 
Erreur standard (ES)
Alemán: 
Typischer Fehler (TF)
Italiano: 
Errore standard (ES)
Polaco: 
Błąd standardowy
Portugués: 
Erro Padrão (EP)
Ruso: 
Стандартная погрешность
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/erro-tipico-et, con data de acceso 18/04/2024).