Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Parámetro

Definición:

Dentro do modelo gramatical da teoría da rección e o ligamento desenvolvido por Noam Chomsky a comezos dos anos 80 do século pasado, un parámetro é un compoñente da gramática universal cuxa especificación varía dunhas linguas a outras dentro duns límites claramente definidos. Así, o parámetro do núcleo determina que existan linguas nas que o núcleo dunha frase é sempre o seu primeiro elemento (por exemplo, en galego a preposición é o elemento inicial dunha frase preposicional: encasa) e outras nas que o núcleo ocupa a posición final (por exemplo, en xaponés: Nihon nin, literalmente Xapón en); o parámetro do suxeito nulo determina que haxa linguas que teñen oracións declarativas finitas sen suxeito explícito como, por exemplo, o galego (Son o mestre) e linguas que non admiten esta posibilidade, como o inglés (I am the teacher).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Chomsky, N. 1981. Lectures on Government and Binding. Dordrecht: Foris.

Cook, V. J. & Newson, M. 1996. Chomsky’s Universal Grammar. An Introduction. Oxford: Blackwell Publishers Ltd. 2nd edition.

Utilizado en estatística, denota calquera das propiedades ou características que se desexan estudar dunha poboación.

Entradas relacionadas: 
Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Parámetro
Inglés: 
Parameter
Francés: 
Paramètre
Alemán: 
Parameter
Italiano: 
Parametro
Polaco: 
Parametr
Portugués: 
Parâmetro
Ruso: 
Параметр
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/parametro, con data de acceso 09/10/2024).