Chomsky, N. 1957. Syntactic Structures. The Hague: Mouton.
Modelo de gramática que concibe a capacidade lingüística (competencia) como un sistema de regras ordenadas que, partindo do léxico dunha lingua determinada, son capaces de xerar un número infinito de estruturas ben formadas. Desde a súa formulación inicial na obra Syntactic Structures (1957) de Noam Chomsky, este modelo gramatical experimentou unha notable evolución e deu lugar a múltiples derivacións que, en conxunto, constitúen unha liña de investigación moi influente na lingüística actual.
Entradas relacionadas:
Bibliografía:
Fromkin, V. & Rodman, R. 1998. An Introduction to Language. Fort Worth: Harcourt Brace College Publishers. 6th edition.