Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Gramática

Definición:

1. Compoñente da linguaxe e das linguas particulares que contén os principios e regras que rexen a combinación dos morfemas e as palabras para formar unidades maiores, en particular oracións. Neste sentido restrinxido o concepto abarca a morfoloxía e a sintaxe. Algúns engloban dentro da gramática todos os niveis lingüísticos, desde o fonolóxico ata o textual. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Lyons, J. 1981a. Language and Linguistics. An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press.

2. Obra que contén unha descrición do compoñente gramatical dunha lingua concreta. Pode incluír tamén información sobre outros niveis de análise como, por exemplo, referencias ao sistema fonolóxico e á súa representación ortográfica. Este é o sentido do termo en expresións como Gramática da lingua galega, Gramática alemá, etc. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Odlin, T. 1994. Perspectives on Pedagogical Grammar. Cambridge: Cambridge University Press.

3. En gramática xenerativa emprégase este termo dobremente con referencia ao coñecemento tácito que posúe o falante nativo sobre a estrutura da súa propia lingua (a súa competencia) e, ao mesmo tempo, ao sistema de regras elaborado polo lingüista para dar conta dese coñecemento. Abarca, polo tanto, tamén os niveis fonolóxico e semántico.

Bibliografía: 

Chomsky, N. 1957. Syntactic Structures. The Hague: Mouton.

Chomsky, N. 1965. Aspects of the Theory of Syntax. Cambridge, Mass.: The MIT Press.

4. En expresións como gramática funcional, gramática xenerativa, etc., o termo fai referencia ao conxunto de principios teóricos que subxacen a unha determinada aproximación á descrición lingüística.

Bibliografía: 

Crystal, D. 1997. The Cambridge Encyclopedia of Language. Cambridge: Cambridge University Press. 2nd edition.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Gramática
Inglés: 
Grammar
Francés: 
Grammaire
Alemán: 
Grammatik
Italiano: 
Grammatica
Polaco: 
Gramatyka
Portugués: 
Gramática
Ruso: 
Грамматика
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/gramatica, con data de acceso 28/04/2024).