Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Gramática comunicativa

Definición:

Tipo de descrición gramatical que trata do xeito no que falante e oínte empregan a lingua para comunicarse, máis ca do estudo desta desde un punto de vista teórico. Neste tipo de gramática cobra especial importancia a interacción que ten lugar entre os interlocutores, prestando atención especial ao modo que estes teñen de expresar as cousas en función das súas intencións comunicativas. A lingua é pois estudada desde unha perspectiva dinámica onde o contexto desempeña un papel importante. De acordo cos presupostos deste tipo de gramática, é importante coñecer en que contextos se emprega e para que serve cada elemento lingüístico.

Bibliografía: 

Matte Bon, F. 1992. Gramática comunicativa del español. Tomos I y II. Madrid: Difusión.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Gramática comunicativa
Inglés: 
Communicative grammar
Francés: 
Grammaire communicative
Alemán: 
Kommunikative Grammatik
Italiano: 
Grammatica comunicativa
Polaco: 
Gramatyka komunikatywna
Portugués: 
Gramática comunicativa
Ruso: 
Коммуникативная грамматика
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/gramatica-comunicativa, con data de acceso 19/03/2025).