Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Linguaxe

Definición:

Facultade que posúen os seres humanos para comunicarse entre si por medio dun sistema de signos lingüísticos. Nun sentido máis amplo, este termo emprégase tamén con referencia a outros sistemas de comunicación non humanos como, por exemplo, a “linguaxe” das abellas, das arañas, etc.

Bibliografía: 

Lyons, J. 1981a. Language and Linguistics. An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press.

Variedade dunha lingua definida por unha finalidade ou unha situación de uso concreta como, por exemplo, “linguaxe xornalística”, “linguaxe científica”, “linguaxe coloquial”, etc.

Entradas relacionadas: 

Calquera sistema de signos e as súas regras de uso construído artificialmente co fin de satisfacer as necesidades comunicativas nun ámbito determinado. Este é o significado do termo en expresións como “linguaxes formais”, “linguaxes informáticas”, etc.

Bibliografía: 

Fromkin, V. & Rodman, R. 1998. An Introduction to Language. Fort Worth: Harcourt Brace College Publishers. 6th edition.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Lenguaje
Inglés: 
Language
Francés: 
Langage
Alemán: 
Sprache
Italiano: 
Linguaggio
Polaco: 
Język
Portugués: 
Linguagem
Ruso: 
Язык
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/linguaxe-0, con data de acceso 18/09/2024).