Critchley, M. 1975. The Silent Language. Londres: Butterworth’s.
Ademais da linguaxe falada, o ser humano pode comunicar moitos significados a través da linguaxe corporal. Estes significados exprésanse das seguintes formas:
- a través da mirada, é dicir, se hai contacto ocular e cal é a dirección deste;
- as expresións faciais;
- os movementos e xestos corporais;
- o uso do espazo (tamén chamado proxémica), aspecto que inclúe, por exemplo, o estudo de como os seres humanos ocupan os espazos, en que forma e onde sentan, etc.;
- o modo de colocación do corpo;
- os comportamentos táctiles; por exemplo, se se saúda con bicos e/ou abrazos, ou só coa vista;
- os obxectos usados polas persoas, como un cigarro, un vaso na man, ou o uso dunha mesa para crear unha barreira; e, para rematar,
- o uso da paralinguaxe, é dicir, como unha persoa di algo, non simplemente o que di. Dentro deste ámbito concreto da paralingüística estúdanse comportamentos como os seguintes: se as persoas que manteñen unha conversa se escoitan o un ao outro, se falan as dúas á vez ou se falan en voz moi alta.
No caso do ensino dunha segunda lingua, unha maior conciencia de todos os factores arriba mencionados pode mellorar as destrezas de comunicación e de comprensión, ademais de aumentar a seguridade xeral na comunicación oral en calquera lingua, xa sexa esta a L1 ou a L2. Outro factor importante que se debe ter en conta cando se ensina unha segunda lingua é o elemento cultural que inflúe na linguaxe corporal dunha persoa: algúns xestos utilizados nunha cultura non teñen o mesmo significado noutra; por exemplo, cando os xaponeses se sinalan a si mesmos apuntan ao seu nariz en lugar de apuntar á zona do peito como fan outras culturas procedentes de Europa e América.
Dickinson, S. 1998. Effective Presentation. Londres: Orion Business Books.
James, J. 1995. Bodytalk- The Skills of Positive Body Image. London: Industrial Society.
Stanton, N. 1996. Mastering Communication. Basingtoke; London: Macmillan.