Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).
Por comunicación non verbal enténdense aqueles aspectos do intercambio comunicativo distintos das palabras que son capaces de transmitir significado. Entre eles inclúense aspectos da linguaxe corporal como os xestos de mans e brazos, as expresións faciais ou a postura do corpo, e outros relacionados coa prosodia ou a fonética suprasegmental, tales como o acento, o ton, o volume ou a velocidade da fala. Tamén entraría dentro da categoría da comunicación non verbal a distancia entre os interlocutores. A distancia adecuada é susceptible de variar dunhas culturas a outras. Así, nas culturas latinas adoita ser menor á que se considera apropiada nas culturas anglosaxonas, o que pode xerar situacións de incomodidade e problemas na interacción. Segundo o novo Marco Común Europeo de Referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino e avaliación (Consello de Europa, 2001), a comunicación non verbal inclúe, na interacción oral, os xestos e accións nos que o enunciado non pode interpretarse sen que se perciba a acción (por exemplo, pódesme dar iso?, sinalando un obxecto) e as accións paralingüísticas, xa sexan xestos (puño apertado para indicar protesta) ou sons paralingüísticos (agh, para expresar noxo), cuxos significados se fixeron convencionais. No concernente aos textos escritos, a comunicación non verbal incluiría as características paratextuais tales como ilustracións, gráficos ou tipos de letra (por exemplo, grosa para indicar importancia do contido). Dadas as diferenzas interculturais neste ámbito, é conveniente chamar a atención do estudante dunha segunda lingua sobre este tema.
Matsumoto, D.; Frank, M. & Hwang, H.S. (eds.). 2013. Non-Verbal Communication. Science and Applications. Los Angeles: Sage.