Deuchar, M. 1984. British Sign Language. Londres: Routledge and Kegan Paul.
Tamén lingua de signos e linguaxe signada (LS).
linguaxe empregada polos individuos que forman parte das distintas comunidades de xordos para comunicarense entre si. Esta linguaxe baséase no emprego das mans, a expresión facial, e outros modos de expresión xestual tales como a mímica ou a expresión corporal.
De forma semellante á lingua falada, a linguaxe de signos consta de elementos léxicos e gramaticais e de regras gramaticais. En canto aos elementos léxicos e gramaticais que conforman o vocabulario das linguaxes signadas, estes tamén son arbitrarios e varían dunha comunidade a outra, ata dentro dun mesmo país ou rexión. Así pois, os signos empregados en Estados Unidos para designar o concepto pai, o verbo ser ou a conxunción pero non son os mesmos que os que se empregan en España, por exemplo. Mesmo dentro dun mesmo país estes signos poden variar dunha rexión a outra e dunha comunidade xorda a outra. Pero do mesmo xeito que sucede coa lingua falada, dentro de cada país e para outorgar uniformidade e cohesión á linguaxe de signos, existe unha lingua de signos estándar que se adoita tomar como referencia á hora de ensinala tanto a persoas xordas como a oíntes.
Con respecto á utilidade das linguas de signos, existe unha gran controversia dentro da comunidade de xordos e entre as persoas implicadas na súa educación: os manualistas están a favor da linguaxe signada mentres que os oralistas están en contra. Estes últimos consideran que, ao comunicarse a través de signos, os xordos limítanse a interactuar soamente coas persoas que coñecen esa linguaxe; como consecuencia, as súas posibilidades de comunicación co mundo exterior vense seriamente reducidas.
Rodríguez González, M. A. 1992. Lenguaje de signos. Barcelona: Confederación Nacional de Sordos de España/Fundación ONCE.
Schlesinger, L. N. 1978. Sign Language of the Deaf: Psychological, Linguistic and Chronological Perspectives. New York; London: Academic Press.