Gable, R. A. & Warren, S. I. (eds.) 1993. Strategies for Teaching Students with Mild to Severe Mental Retardation. London; Philadelphia: Jessica Kingsley Publications.
Termo que fai referencia ao coñecemento e emprego de diversas teorías, métodos e técnicas didácticas, especialmente deseñadas para pór en práctica ao longo de todo o proceso educativo, dirixidas ao alumno cuxas necesidades educativas son de carácter máis específico ou quedan fóra das contempladas nun programa de ensino xeral. As necesidades educativas especiais cobren un amplo espectro que abrangue problemas tanto físicos como psíquicos e que poden dificultar ou entorpecer o proceso de aprendizaxe do discente. Así pois, entran dentro da definición de necesidades especiais problemas tales como a paraplexia, cegueira, xordeira, afasia, discapacidade mental, etc. Na análise das necesidades especiais en relación coa aprendizaxe ou adquisición de linguas, concedeuse especial importancia ao estudo das distintas afasias e á adquisición da lingua en persoas xordas. Tamén se levaron a cabo investigacións relativas á adquisición da primeira lingua por parte de individuos con algún tipo de discapacidade mental.
Hanko, G. 1987. Special Needs in Ordinary Classrooms. Oxford: Blackwell. 1st edition (reprinted with corrections).
Rosenberg, S. & Abbeduto, L. 1993. Language and Communication in Mental Retardation: Development, Processes and Intervention. Hillsdale, NJ: Lawrence Erlbaum.