Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Programa

Definición:

Parte do currículo no que se especifican os contidos e a súa secuenciación. Tradicionalmente o programa vén sendo a base sobre a que se planifica un curso de lingua. Todos os métodos de ensino de linguas implican a selección dunha serie de contidos, que poden referirse a:

  1. estruturas lingüísticas (programa organizado de acordo cunha serie de estruturas e combinacións gramaticais);
  2. funcións (programa organizado ao redor de funcións comunicativas;
  3. nocións (de acordo con categorías conceptuais como a duración, a cantidade, a localización temporal, etc;
  4. temas (seguindo unha serie de campos semánticos: a saúde, a alimentación, as viaxes, etc.);
  5. situacións (arredor de contextos lingüísticos e o tipo de transaccións típicos neles: ir de compras, chamar por teléfono, etc.);
  6. subdestrezas (o escaneado, a lectura comprensiva, etc.);
  7. tarefas (actividades como dar ou recibir instrucións, debuxar mapas, etc.

Nas últimas décadas pasouse dos programas centrados en cuestións puramente gramaticais e léxicas, a aqueles centrados nas variedades ou formas lingüísticas empregadas de acordo con cada situación concreta, ata chegar aos máis recentes, que dirixen a súa atención tanto ás nocións e/ou funcións comunicativas como ás tarefas. Con todo, os docentes empregan unha combinación de enfoques ante o deseño de programas. Doutra banda, a secuenciación dos contidos ten moito que ver co método do que se parta no ensino. Así, por exemplo, nos cursos baseados no estudo da gramática, a secuenciación virá determinada pola dificultade dos elementos lingüísticos e/ou pola súa frecuencia, mentres que nos orientados cara a fins específicos, os contidos se graduarán de acordo coas necesidades comunicativas do alumno. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Johnson, K. (ed.) 1989. The Second Language Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.

Nunan, D. 1988. The Learner-Centred Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.

Richards, J. C. & Rodgers, T. S. 1986. Approaches and Methods in Language Teaching: A Description and Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Programa
Inglés: 
Syllabus
Francés: 
Programme
Alemán: 
Lehrplan
Italiano: 
Programma / sillabo
Polaco: 
Plan nauczania
Portugués: 
Programa
Ruso: 
Учебный план / силлабус
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/programa, con data de acceso 15/09/2024).