Alderson, J. C. & Urqhuart, A. H. (eds.) 1984. Reading in a Foreign Classroom. London & New York: Longman.
Modalidade ou actividade de lectura que persegue a comprensión xeral do texto. Articúlase normalmente a través dunha serie de actividades que guían ao alumno e axúdanlle a reflexionar sobre o texto que leu para posteriormente facilitarlle a súa comprensión. Recoméndase organizar a lectura comprensiva en tres etapas ou fases principais: exercicios de pre-lectura, tarefas para realizar durante a lectura, e actividades para logo da lectura. Os exercicios de pre-lectura serven para recrear o contexto e proporcionarlle ao alumno información sobre o que vai ler. Neste sentido, é conveniente facerlle preguntas sobre o propio título do texto ou comprobar o seu grao de coñecemento sobre o tema que se vai tratar, así como cuestións que se poden anticipar sobre as ilustracións que acompañan o texto, no caso de que as houbera. As actividades para realizar durante a lectura adoitan consistir en responder a simples preguntas de comprensión, establecer correspondencias entre determinados epígrafes ou subtítulos con extractos do texto, ordenar ideas relacionadas co lido, identificar como verdadeiras ou falsas unha serie de afirmacións en torno ao texto, etc. Finalmente, as tarefas para logo da lectura serven para consolidar as destrezas practicadas anteriormente, reforzar vocabulario e integrar a propia destreza de comprensión escrita coas demais destrezas lingüísticas, é dicir, a escritura e a comprensión oral e a expresión oral.
Nuttall, C. 2000. Teaching Reading Skills in a Foreign Language. London: Heinemann. New edition.
Williams, E. 1984. Reading in the Language Classroom. Basingstoke: Macmillan.