Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Lectura

Definición:

comprensión dun texto escrito do que se extrae a información necesaria do xeito máis eficaz posible. Cando se le para comprender o texto, o acto de lectura pode facerse de forma silenciosa ou en voz alta. Se a lectura consiste en reproducir en voz alta un texto escrito denomínase lectura oral ou lectura en voz alta; esta non require necesariamente a comprensión do contido, aínda que sempre se le mellor un texto que un entende.

As dúas razóns principais para a lectura son:

  1. o ler por ler, é dicir, ler por pracer; e
  2. extraer unha información e facer algo con esa información unha vez obtida.

Na aprendizaxe de calquera idioma, sexa a L1 ou a L2, a lectura é moi importante. Ademais de ser útil e gratificante en si mesma, tamén contribúe á adquisición das destrezas lingüísticas produtivas, isto é, a expresión oral e escrita. Para fomentar a práctica da lectura é necesario usar materiais interesantes que estean en consonancia co nivel de coñecementos dos alumnos. Un ensino efectivo desta destreza adoita incorporar dous tipos de lectura:

  1. Lectura intensiva, xeralmente centrada na aula. Aquí practícase a lectura comprensiva, dividida en tres fases: pre-lectura, actividades durante a lectura e exercicios para despois da lectura.
  2. Lectura extensiva, que se adoita realizar fóra da aula. Preténdese que os alumnos gocen lendo materiais escollidos por eles mesmos, tales como novelas, contos ou revistas.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Alderson, J. C. & Urqhuart, A. H. (eds.) 1984. Reading in a Foreign Classroom. London & New York: Longman.

Eres Fernández, I. G. M. & Rádis Baptista, L. M. T. 2010. La enseñanza de lenguas extranjeras y la evaluación. Madrid: Arco Libros.

Grellet, F. 1981. Developing Reading Skills. Cambridge: Cambridge University Press.

Nation, I. S. P. 2009. Teaching ESL/EFL Reading and Writing. ESL and Applied Linguistics Professional Series. New York; London: Routledge.

Williams, E. 1984. Reading in the Language Classroom. Basingstoke: Macmillan.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Lectura
Inglés: 
Reading
Francés: 
Lecture
Alemán: 
Lesen
Italiano: 
Lettura
Polaco: 
Czytanie
Portugués: 
Leitura
Ruso: 
Чтение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/lectura, con data de acceso 05/12/2024).