Alburquerque, R., González Bueno, L., Lindström, K., Marín, J., Martín Laborda, P. & Palencia, R. 1991. En el aula de inglés: Metodología práctica para la enseñanza de jóvenes principiantes. Harlow: Longman. 2nd edition.
Consiste en ler con atención un texto, centrándose en todos os detalles coa finalidade de obter unha información específica. As actividades que se poden realizar como apoio na lectura intensiva son dos seguintes tipos:
- responder a preguntas que teñen respostas concretas, como de si ou non, ou de elección múltiple;
- transvasar información a gráficos, mapas, listas, diagramas, planos, espazos en branco, etc.;
- colocar en orde secuencial debuxos ou frases relacionados co texto de lectura;
- atopar as diferenzas que haxa entre un texto escrito e unha ilustración; e
- resolver un problema lóxico.
A lectura extensiva, en cambio, ten como obxectivo último a lectura de textos máis longos e está concibida para realizarse fóra da aula; normalmente implica a lectura de textos de maior interese para o estudante. Estes textos poden ser cómics, novelas, historias curtas, libros de lectura simplificada ou graduada (en inglés, graded readers), revistas, etc. Este tipo de lectura está concibido para fomentar a lectura voluntaria e por pracer.
Aínda que se adoita realizar fóra da clase, tamén é posible incluír a lectura extensiva como actividade dentro da aula, reservando unha sesión semanal para levar a cabo tarefas deste tipo. Todos os alumnos poden ler o mesmo texto ou cada un un texto diferente. Do mesmo xeito que no caso da lectura comprensiva, é posible distinguir actividades de pre-lectura, exercicios para realizar durante a lectura e tarefas para a post-lectura, como son as seguintes:
- Pre-lectura. Facer predicións sobre o contido do libro a través da ilustración da portada ou das ilustracións interiores; se é ese o caso; o docente tamén pode ler aos discentes unha pasaxe interesante do libro co propósito de espertar expectativas sobre o mesmo;
- Durante a lectura. Escribir unha carta/aviso/anuncio en resposta a outro texto que presenta o libro; levar a cabo unha pequena dramatización; escribir unha historia na que se utiliza vocabulario visto por primeira vez no libro.
- Logo da lectura. Escribir unha historia desde o punto de vista doutra personaxe do libro; cambiar o final da pasaxe; redactar un resumo ou un comentario breve; comentar unhas citas clave escollidas polo docente ou por outros estudantes (Con que citas se identifican máis? Cales provocan unha reacción positiva ou negativa e por que?).
Williams, E. 1984. Reading in the Language Classroom. Basingstoke: Macmillan.