Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Libro de lectura simplificado

Definición:

Tamén libro de lectura adaptado ou graduado.

Libro escrito especificamente para facilitar a aprendizaxe dunha lingua. O seu contido baséase en programas de lingua graduados. Un libro deste tipo emprega vocabulario e estruturas gramaticais reducidas, aptas para o nivel do grupo de alumnos aos que vai dirixido. Ademais, adoita conter nunha breve sección final un glosario ou pequeno dicionario para explicar o vocabulario que podería presentar problemas de comprensión. Ás veces os libros inclúen actividades para comprobar a comprensión lectora. Os libros de lectura simplificada dirixidos aos máis pequenos levan debuxos en cor incorporados que facilitan a comprensión do texto.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Calthrop, K. 1971. Reading Together: An Investigation into the Use of the Class Reader. London: Heinemann.

Greenwood, J. 1988. Class Readers. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Libro de lectura simplificado
Inglés: 
Simplified/ graded reader
Francés: 
Livre de lecture simplifié
Alemán: 
Vereinfachte Leseausgabe
Italiano: 
Libro di letture semplificate/graduate
Polaco: 
Lektury uproszczone
Portugués: 
Livro adaptado
Ruso: 
Книга по языковым уровням
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/libro-lectura-simplificado, con data de acceso 26/04/2024).