Lyons, J. 1981a. Language and Linguistics. An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press.
Compoñente dun sistema lingüístico, por exemplo, nivel de palabra ou de frase. A miúdo considérase que estes niveis forman unha escala ou xerarquía que vai desde os máis baixos (que conteñen as unidades lingüísticas menores) ata os superiores (que conteñen as unidades lingüísticas maiores): por exemplo, o nivel dos morfemas, as palabras, as frases, a oración, o texto, etc. Ás veces tamén se di que os elementos de cada nivel están formados por outros do inmediatamente superior. Así, as cláusulas están formadas por frases, as frases por palabras, as palabras por morfemas, etc.
Bibliografía: Lyons, 1981a.