Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Niveis comúns de referencia

Definición:

Co obxecto de facilitar a comparación entre diferentes currículos, programas e sistemas de certificados, e para orientar sobre os estadios que constitúen a progresión no coñecemento e uso das linguas, o marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación establece unha descrición de diferentes niveis de competencia lingüística, en termos do que o alumno é capaz de facer mediante o uso da lingua. Esta descrición reflexa un nivel de usuario básico ou nivel A (que se subdivide en A1 e A2), un nivel de usuario independente ou nivel B (que se subdivide en B1 e B2) e un nivel de usuario competente ou nivel C (que se subdivide en C1 e C2), que responden á división tradicional de nivel básico, intermedio e avanzado. O Marco de referencia presenta dúas escalas, unha global e outra de autoavaliación, que inclúen unha descrición do que o alumno pode facer mediante o uso da lingua en cada un dos seis niveis comúns de referencia. Estes mesmos niveis, postos en relación con tres das categorías descritivas do uso da lingua que se definen no documento (competencias lingüísticas, actividades comunicativas da lingua e estratexias) serven para organizar a escala de descritores. A escala global dos niveis comúns de referencia é a seguinte:




Usuario

competente

C2

É quen de comprender con facilidade practicamente todo lo que oe ou le. Sabe reconstruír a información e os argumentos procedentes de diversas fontes, ben sexan en lingua falada ou escrita, e presentalos de xeito coherente e resumido. Pode expresarse espontaneamente, con gran fluidez e con un grao de precisión que lle permite diferenciar pequenos matices de significado incluso en situacións de maior complexidade.

C1

É quen de comprender una ampla variedade de textos extensos e con certo nivel de esixencia, así como recoñecer neles sentidos implícitos. Sabe expresarse de forma fluída e espontánea sen mostras moi evidentes de esforzo para encontrar a expresión axeitada. Pode facer un uso flexible e efectivo do idioma para fins sociais, académicos e profesionais. Pode producir textos claros, ben estruturados e detallados sobre temas de certa complexidade, amosando un uso correcto dos mecanismos de organización, articulación e cohesión do texto.




Usuario

independente

B2

É quen de entender as ideas principais de textos complexos que traten de temas tanto concretos como abstractos, incluso se son de carácter técnico sempre que estean dentro do seu campo de especialización. Pode relacionarse con falantes nativos con un grao suficiente de fluidez e naturalidade de xeito que a comunicación se realice sen esforzo por parte dos interlocutores. Pode producir textos claros e detallados sobre temas diversos así como defender un punto de vista sobre temas xerais indicando as vantaxes e desvantaxes das distintas opcións.

B1

É quen de comprender os puntos principais de textos claros e en lingua estándar se tratan sobre cuestións que lle son coñecidas, ben sexa en situacións de traballo, de estudo ou de lecer. Sabe desenvolverse na maior parte das situacións que poden xurdir durante unha viaxe por zonas onde se utiliza a lingua. É quen de producir textos sinxelos e coherentes sobre temas familiares para el ou polos que ten un interese persoal. Pode describir experiencias, acontecementos, desexos e aspiracións, así como xustificar brevemente as súas opinións ou explicar os seus plans.




Usuario

básico

A2

É quen de comprender frases e expresións de uso frecuente relacionadas con áreas de experiencia que lle son especialmente relevantes (información básica sobre el mesmo e a súa familia, compras, lugares de interese, ocupacións, etc.). Sabe comunicarse á hora de levar a cabo tarefas simples e cotiás que non requiran máis que intercambios sinxelos e directos de información sobre cuestións que son coñecidas ou habituais para el. Sabe describir en termos sinxelos aspectos do seu pasado e o seu entorno así como cuestións relacionadas coas súas necesidades inmediatas.

A1

É quen de comprender e empregar expresións cotiás de uso moi frecuente así como frases sinxelas destinadas a satisfacer necesidades de tipo inmediato. Pode presentarse a si mesmo e a outros, pedir e dar información persoal básica sobre o seu domicilio, as súas pertenzas e as persoas que coñece. Pode relacionarse de forma elemental sempre que o seu interlocutor fale amodo e con claridade e estea disposto a cooperar.

Bibliografía: 

Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Niveles comunes de referencia
Inglés: 
Common reference levels
Francés: 
Niveaux communs de référence
Alemán: 
Gemeinsame Referenzniveaus
Italiano: 
Livelli comuni di referimento
Polaco: 
Wspólne poziomy odniesienia
Portugués: 
Níveis Comuns de Referência
Ruso: 
Уровни владения языком
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/niveis-comuns-referencia, con data de acceso 10/11/2024).