Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Neurolingüística

Definición:

Rama da lingüística teórica que se ocupa da función do cerebro na aprendizaxe e uso da lingua. Os avances máis importantes nesta disciplina céntranse en dous aspectos:

  1. a localización da función lingüística nas áreas cerebrais, é dicir, en que áreas do cerebro se almacenan os coñecementos lingüísticos; e
  2. a lateralidade, é dicir, en que hemisferio do cerebro está situada a linguaxe

Existe de feito un contraste entre os modelos localistas e os globalistas. Os modelos localistas identifican as áreas de Broca e Wernicke, localizadas na zona frontal e temporal do cerebro respectivamente, como aquelas nas que está localizada a linguaxe. Con todo, os modelos globalistas apuntan a que é todo o cerebro o que está implicado, tanto na produción como na comprensión. Á súa vez, dentro do modelo globalista distínguense dúas tendencias:

  1. a que relaciona os tipos de procesos e as zonas do cerebro; e
  2. a que defende a existencia dunha serie de conexións e afirma que os procesos cerebrais se desenvolven en zonas que constitúen módulos independentes pero conectados entre si, de modo que se falla un, outro dos módulos pode asumir os procesos que corresponden ao primeiro. Esta tendencia adoita aplicarse ao estudo da intelixencia artificial.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bouton, C. P. & MacNamee, T. 1991. Neurolinguistics: Historical and Theoretical Perspectives. New York; London: Plenum.

Bunge, M. 1984. El Problema mente-cerebro: Un enfoque psicobiológico. Barcelona: Tecnos.

Caplan, D. 1987. Neurolinguistics and Linguistic Aphasiology. An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press.

Lamendella, J. T. 1979. “Neurolinguistics”. Annual Review of Antropology 8: 373-91.

Springer, S. P. & Deutsch, G. 1981. Left Brain, Right Brain. New York: Freeman and Company, 1989.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Neurolingüística
Inglés: 
Neurolinguistics
Francés: 
Neurolinguistique
Alemán: 
Neurolinguistik
Italiano: 
Neurolinguistica
Polaco: 
Neurolingwistyka
Portugués: 
Neurolinguística
Ruso: 
Нейролингвистика
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/neurolinguistica, con data de acceso 06/12/2024).