Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Lingüística

Definición:

Estudo da linguaxe e das linguas baseado en principios científicos. Dada a complexidade dos fenómenos lingüísticos, é posible abordar a análise de distintos aspectos desde perspectivas, métodos e obxectivos diferentes. Fálase así de lingüística histórica fronte a lingüística sincrónica, de lingüística comparada, lingüística contrastiva, etc. En épocas recentes, a coincidencia de intereses entre a lingüística e outras áreas científicas deu lugar ao desenvolvemento dun amplo espectro de ámbitos interdisciplinares con denominacións tales como psicolingüística, antropoloxía lingüística, sociolingüística, lingüística computacional, etc.

Bibliografía: 

Crystal, D. 1992. An Encyclopedic Dictionary of Language and Languages. Oxford: Blackwell.

Lyons, J. 1981a. Language and Linguistics. An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Lingüística
Inglés: 
Linguistics
Francés: 
Linguistique
Alemán: 
Linguistik
Italiano: 
Linguistica
Polaco: 
Lingwistyka/Językoznastwo
Portugués: 
Linguística
Ruso: 
Лингвистика
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/linguistica, con data de acceso 09/10/2024).