Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Lingüística aplicada

Definición:

Orientación aplicada da lingüística que se centra nos problemas concretos que presentan a linguaxe e as linguas. Posúe tres características fundamentais:

  1. ten un carácter práctico;
  2. destaca pola súa natureza interdisciplinar; e
  3. auxíliase doutros campos de estudo para a resolución de problemas concretos.

Por estas razóns inclúe un amplo abano de ámbitos entre os que podemos mencionar: a didáctica de linguas, a lingüística clínica ou patoloxía da linguaxe, a Tradutoloxía ou Estudos de tradución, a planificación lingüística e a lingüística computacional. Algúns autores amplían aínda máis o seu ámbito e agrupan dentro dela disciplinas como a sociolingüística, a retórica contrastiva, a antropoloxía lingüística, etc.

Bibliografía: 

Brumfit, C. J. & Bowers, R. 1991. Applied Linguistics and English Language Teaching. London: Macmillan.

Fernández Pérez, M. (ed.) 1996. Avances en Lingüística Aplicada. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago.

Payrató, L. 1998. De profesión, lingüista. Panorama de la Lingüística Aplicada. Barcelona: Ariel.

Santos Gargallo, I. 1999. Lingüística aplicada a la enseñanza-aprendizaje del español como lengua extranjera. Madrid: Arco Libros.

Stern, H. 1983. Fundamental Concepts of Language Teaching. Oxford: Oxford University Press.

Vez Jeremías, J. M. 1984. Claves para la Lingüística Aplicada. Madrid: Ágora.

Widdowson, H. G. 1984. Explorations in Applied Linguistics. Oxford: Oxford University Press.

Estudo do proceso de ensino e aprendizaxe de segundas linguas.

Bibliografía: 

Widdowson, H. G. 1984. Explorations in Applied Linguistics. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Lingüística aplicada
Inglés: 
Applied linguistics
Francés: 
Linguistique appliquée
Alemán: 
Angewandte Linguistik
Italiano: 
Linguistica applicata
Polaco: 
Lingwistyka stosowana
Portugués: 
Linguística aplicada
Ruso: 
Прикладная лингвистика
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/linguistica-aplicada, con data de acceso 06/12/2024).