Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Didáctica

Definición:

Do grego didaktiké (“ensinar”). A Didáctica aplica as elaboracións e presupostos teóricos da pedagoxía; no entanto, algúns especialistas tamén a consideran como a teoría da instrución. Se a estudamos en relación con outras disciplinas, vemos que está vinculada á pedagoxía, a psicoloxía e a metodoloxía. Por outra banda, adoita facerse unha subdivisión entre Didáctica xeral e Didáctica especial. A primeira ocúpase do conxunto de coñecementos aplicables a todo individuo, mentres que a Didáctica especial céntrase no traballo discente e nos métodos aplicados a cada unha das áreas do coñecemento humano. Así, por exemplo, fálase da Didáctica das Matemáticas, Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica da Lingua e da Literatura, etc.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

García García, M. 1969. Didáctica general. Madrid: Anaya.

Holding, G. D. 1967. Fundamentos de Didáctica. Madrid: Morata, D. L.

Mattos, L. 1963. Compendio de Didáctica general. Buenos Aires: Kapelusz.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Didáctica
Inglés: 
Didactics
Francés: 
Didactique
Alemán: 
Didaktik
Italiano: 
Didattica
Polaco: 
Dydaktyka
Portugués: 
Didática
Ruso: 
Дидактика
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/didactica, con data de acceso 07/12/2024).