Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Ensino

Definición:

Tamén ensinanza.

Acto mediante o cal o docente mostra algo aos discentes. Como acción pedagóxica implica tamén o proceso de aprendizaxe. Se nos fixamos no resultado, este termo sería equivalente a instrución.

Son cinco os elementos que constitúen o proceso de ensino:

  1. persoa docente ou ensinante que mostra algo;
  2. acto docente mediante o cal a persoa que ensina leva a cabo o proceso de ensino;
  3. método de ensino, é dicir, procedemento mediante o que se realiza o proceso;
  4. obxecto ou materia que se ensina; e
  5. persoa á que se ensina.

Aínda que todos estes elementos son necesarios, realmente o ensino non leva implícito en todos os casos a consecución de aprendizaxe. Aínda que ambos os procesos están intimamente relacionados, pode haber ensino sen aprendizaxe, e viceversa. Fálase de distintos tipos de ensino, tales como ensino individual (un docente cun discente), colectivo (un docente con moitos alumnos levando a cabo a mesma actividade), individualizado (un docente con moitos alumnos realizando tarefas diferentes), globalizado, experiencial, non directivo, etc. Do mesmo xeito, aparecen referencias a distintas interpretacións dos seus sentidos e efectos, isto é, ensino como transmisión cultural, como adestramento nunha serie de destrezas e habilidades, como produtor de cambios conceptuais, como comunicación, etc.

Bibliografía: 

Gimeno Sacristán, J. & Pérez Gómez, A. 1992. Comprender y transformar la enseñanza. Madrid: Morata.

Göttler, J. 1967. Pedagogía sistemática. Barcelona: Herder. 4th edition.

Joyce, B. & Weil, M. 1985. Modelos de enseñanza. Madrid: Anaya.

Conxunto de materias impartidas así como outros aspectos da organización docente tales como os medios e técnicas empregados para ensinar.

Entradas relacionadas: 
Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Enseñanza
Inglés: 
Teaching
Francés: 
Enseignement
Alemán: 
Unterricht
Italiano: 
Insegnamento
Polaco: 
Nauczanie
Portugués: 
Ensino
Ruso: 
Обучение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/ensino, con data de acceso 11/09/2024).