Larsen-Freeman, D. 1986. Techniques and Principles in Language Teaching. New York: Oxford University Press.
Cuarto nivel de concreción do desenvolvemento curricular (presente, por exemplo, no actual sistema educativo español), logo de definir a análise de necesidades dos discentes, os obxectivos do ensino e os contidos a cubrir no programa da lingua estranxeira.
Segundo Richards e Rodgers (1986), cada método de ensino de linguas defínese en función de tres aspectos relacionados entre si:
- As distintas perspectivas ou enfoques existentes sobre como se debe ensinar unha lingua (teorías sobre a natureza da lingua e da súa aprendizaxe).
- A forma na que o enfoque se plasma nun deseño particular, que haberá de ter en conta:
- os obxectivos xerais e específicos do método;
- o modelo de programa, é dicir, a forma en que os contidos se seleccionan e organizan;
- os distintos tipos de tarefas e actividades de aprendizaxe;
- o papel do alumnado e o papel do profesorado; e, para rematar,
- o papel que desempeñan os distintos materiais didácticos.
- Os diferentes procedementos que se han de empregar, é dicir, as técnicas, prácticas e actividades integradas en leccións que teñen lugar no día a día de acordo cunha metodoloxía concreta.
Non se pode dicir de ningún dos métodos pasados ou presentes que sexa intrinsecamente mellor que os demais. Para moitos expertos no ensino de linguas e profesionais da docencia a mellor actitude diante da enorme variedade de métodos e enfoques existentes ha de ser ecléctica e flexible.
Richards, J. C. & Rodgers, T. S. 1986. Approaches and Methods in Language Teaching: A Description and Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.
Richards, J. C. 1990. The Language Teaching Matrix. New York: Cambridge University Press.
Sánchez Pérez, A. 2009. La enseñanza de idiomas en los últimos 100 años. Métodos y Enfoques. Madrid: SGEL.