Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Papel do alumnado

Definición:

A contribución do alumno ao proceso de aprendizaxe depende dun número de factores, entre os que destaca o papel asignado ao profesor. Cada método de ensino de linguas asigna ao alumno un determinado rol que ten que ver con:

  1. o tipo de actividades que ha de levar a cabo;
  2. o grao de control que ten sobre os contidos;
  3. os esquemas de interacción que adopta con respecto a outros estudantes e ao profesor;
  4. o grao no que inflúe na aprendizaxe dos outros estudantes; e, para rematar,
  5. a consideración xeral do discente como persoa que procesa información nova, inicia a comunicación, resolve problemas, etc.

Tendo en conta estes aspectos, é necesario sinalar que fronte a algunhas metodoloxías que conferían un papel moi limitado ao alumno (como persoas que respondían a unha serie de estímulos externos), os enfoques de ensino máis recentes resaltan a autonomía do alumno á hora de aprender, así como a súa necesaria participación no desenvolvemento curricular

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Johnson, F. & Paulston, C. B. 1976. Individualizing in the Language Classroom. Cambridge, Mass.: Jacaranda.

Richards, J. C. & Rodgers, T. S. 1986. Approaches and Methods in Language Teaching: A Description and Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.

Wright, T. 1987. Roles of Teachers and Learners. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Papel del alumnado
Inglés: 
Learner role
Francés: 
Rôle de l'apprenant
Alemán: 
Lernerrolle
Italiano: 
Ruolo del discente
Polaco: 
Rola ucznia
Portugués: 
Papel do aluno
Ruso: 
Роль ученика
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/papel-alumnado, con data de acceso 17/03/2025).