Altman, H. B. & James, C. V. (eds.) 1980. Foreign Language Teaching: Meeting Individual Needs. Papers from the First Pergamon Institute of English Seminar. Oxford: Pergamon Press.
Tipo de aprendizaxe no que o estudante se responsabiliza do seu propio progreso e logra avances por si mesmo, especialmente fóra do ámbito da clase presencial. As características da aprendizaxe autónoma son as seguintes:
- O proceso de aprendizaxe debe adaptarse ás características individuais, ás necesidades específicas e aos estilos de aprendizaxe propios de cada alumno. Con iso perséguese que a aprendizaxe sexa máis efectiva e motivadora.
- Os discentes seleccionan as súas propias estratexias para os contidos de aprendizaxe. Isto pódese levar a cabo facilitando ao alumno o acceso a un centro de autoaprendizaxe ou un centro de acceso directo individualizado ao que poida acudir nun horario flexible e escoller o material de traballo que mellor se adapte ás súas necesidades.
Entradas relacionadas:
Bibliografía:
Brookes, A. & Grundy, P. (eds.) 1988. Individualization in Language Learning. Oxford: Modern English Publications and the British Council.
Dickinson, L. 1987. Self-Instruction in Language Learning. Cambridge: Cambridge University Press.
Holec, H. 1980. Autonomy and Foreign Language Learning. Strasbourgh: Council of Europe.
Wenden, A. 1991. Learner Strategies for Learner Autonomy. Englewood Cliffs, N J: Prentice Hall.