Benson, P. & Voller, P. 2013. Autonomy and Independence in Language Learning. Oxon: Routledge.
Centro ou sala, dentro dunha institución maior, que conta con medios e material educativo aos que os alumnos poden acceder de xeito autónomo ou baixo a supervisión dun monitor ou profesor. Tanto as actividades como o material empregado deben estar concibidos para que o estudante poida elixir aqueles que mellor se adapten ás súas necesidades e intereses e para poder autoavaliarse.
Establecer un centro de autoaprendizaxe precisa
dunha planificación de materiais, equipos e persoal encargado do mesmo:
- unha biblioteca de materiais en papel (fichas de autoaprendizaxe, fichas de autocorrección, gramáticas, exercicios con clave, libros de lectura, dicionarios, etc.);
- laboratorio de linguas con cabinas de audición que poidan controlar os mesmos discentes, e unha sala de recursos audiovisuais (con reprodutores de vídeo e monitores de televisión);
- unha sala de informática na que se poida traballar con programas de aprendizaxe de linguas asistida por computador e que facilite o acceso a internet;
- unha sala de atención aos alumnos na que poidan recibir asesoramento de forma individual.
Os propios docentes poden implicarse na posta en marcha do centro organizando actividades que impliquen tarefas de autoaprendizaxe e creando eles mesmos materiais para o traballo autónomo. Finalmente, a institución educativa debe achegar as infraestruturas necesarias e lograr que todos os compoñentes funcionen de forma coordinada e eficiente.
McDonough, J. & Shaw, C. 1994. Materials and Methods in ELT. Oxford: Blackwell.
Serra Salvia, O. 2000. “Integrating a Self-access System in a Language Learning Institution: a Model for Implementation”. Links and Letters 7, 95-109.