Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Centro Ramón Piñeiro

Definición:

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH, antes denominado Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro) é unha institución pública dedicada ao fomento da lingua e a cultura galegas. Nos diferentes proxectos e actividades que leva a cabo colaboran bolseiros, profesores universitarios e profesores de ensino medio. Entre os proxectos relacionados coa lingua e a literatura galegas que se están a desenvolver no centro cómpre salientar o Arquivo Galicia Medieval (sobre prosa e lírica medieval galego-portuguesa), proxectos lingüísticos como a BILEGA (“Bibliografía Informatizada da Lingua Galega”), o CORGA (“Corpus de Referencia do Galego Actual”), un etiquetador e lematizador do galego actual que permita a análise automática da lingua, o CoToVía (un sintetizador de voz para o galego), dicionarios de lingua e de literatura, edicións de textos galegos, etc. Polo que respecta ao ensino de linguas, a aportación máis importante da institución é o “Proxecto para a avaliación e aprendizaxe de galego”, que comezou no 2004 co obxectivo de deseñar as probas, os protocolos de actuación e os descritores para os novos certificados oficiais de lingua galega que acreditan o coñecemento da lingua de acordo cos estándares fixados marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino e avaliación e mais pola Asociación de Avaliadores de Linguas Europeas, á que pertencen os membros do proxecto.

Entradas relacionadas: 
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/centro-ramon-pineiro, con data de acceso 20/04/2024).