Acrónimo do galego equivalente a “Bibliografía informatizada da lingua galega”. A BILEGA é un dos proxectos de investigación que se está a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Trátase dunha base de datos que contén información acerca de traballos de investigación, divulgación e opinión sobre a lingua galega en calquera dos períodos do seu desenvolvemento histórico a partir do século XVIII. Os rexistros, que inclúen referencias sobre traballos de variadas orixes (iberorrománicos, portugueses, casteláns, etc.), conteñen as súas historias editoriais completas e sinopses sobre os seus contidos. A BILEGA permite facer buscas por varios parámetros (autor, tema, período, variedade lingüística, etc.).
Entradas relacionadas: