Acrónimo do galego equivalente a “Corpus de referencia do galego actual”. O proxecto CORGA estase a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Trátase dunha colección de documentos representativos dos distintos tipos de textos da lingua galega actual (xornalísticos, literarios, etc.) publicados desde 1975 ata a actualidade, recollidos en formato electrónico. A finalidade do proxecto é a de contribuír á incorporación da lingua galega ás novas tecnoloxías da información e da comunicación, facendo posible a obtención de datos para o estudo de aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos da lingua galega por medios electrónicos.
Entradas relacionadas: