Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Laboratorio de idiomas

Definición:

Aula dotada de pupitres ou cabinas individuais para os alumnos equipadas con dispositivos para a reprodución de medios audiovisuais e unha mesa ou cabina de control para o profesor. O laboratorio de idiomas permite practicar e mellorar as destrezas de comprensión oral e expresión oral mediante a realización de diversos tipos de exercicios. O laboratorio de idiomas xurdiu a partir da sofisticación dos materiais auxiliares e de apoio no ensino.

Os servizos que un laboratorio de idiomas debe ofrecer ao alumno son os seguintes:

  1. calidade e claridade de audición, requisito básico posto que nun laboratorio de idiomas se traballa con sons;
  2. a posibilidade de controlar a reprodución (detela, reiniciala, repetir unha secuencia, etc.) desde o posto do alumno;
  3. posibilidade de traballar ao seu propio ritmo; e
  4. posibilidade de seleccionar o seu material con liberdade.

O profesor á súa vez poderá:

  1. escoitar e comunicarse con cada estudante mediante os seus auriculares utilizando os mandos da súa mesa de control; deste xeito seralle posible resolver problemas e corrixir posibles erros no sistema de traballo seguido polos estudantes así como avaliar a súa actuación; e,
  2. controlar os programas de audición desde a súa mesa utilizando os mandos do seu panel de control.

Nos anos 60 e 70 do século pasado os laboratorios de idiomas tiveron un grande auxe co método audiolingüe. Hoxe en día estas instalacións modernizáronse coa incorporación do ordenador e a rede informática como elementos básicos, e deron paso, cada vez con máis frecuencia, aos denominados centros de autoaprendizaxe. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Dakin, J. 1975. The Language Laboratory and Language Learning. London: Longman.

Stack, E. M. 1971. The Language Laboratory and Modern Language Teaching. London: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Laboratorio de idiomas
Inglés: 
Language laboratory
Francés: 
Laboratoire de langues
Alemán: 
Sprachlabor
Italiano: 
Laboratorio linguistico
Polaco: 
Laboratorium językowe
Portugués: 
Laboratório de línguas
Ruso: 
Языковая лаборатория
Entrada anterior / seguinte:
L3
LAD >

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/laboratorio-idiomas, con data de acceso 11/09/2024).