Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Interactivo

Definición:

Propiedade de determinadas actividades de aprendizaxe consistente na capacidade para responder de modo diferenciado ás accións de cada aprendiz. Así, na aprendizaxe de linguas asistida por computador son interactivas aquelas actividades de estudo nas que o programa informático inclúe secuencias tales como: pregunta formulada polo computador, resposta do estudante e valoración dos resultados que lle proporciona o computador. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Jones, C. & Fortescue, S. 1987. Using Computers in the Classroom. Harlow: Longman.

Warschauer, M. & Healey, D. 1998. “Computers and Language Learning. An Overview”. Language Teaching 31: 57-71

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Interactivo
Inglés: 
Interactive
Francés: 
Interactif
Alemán: 
Interaktiv
Italiano: 
Interattivo
Polaco: 
Interaktywny
Portugués: 
Interativo
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/interactivo, con data de acceso 12/12/2019).