Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).
Este concepto aparece mencionado en repetidas ocasións no Marco Europeo Común de Referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación, publicado polo Consello de Europa en 2001. Deféndese a idea de que o cidadán europeo debe chegar a ser plurilingüe, desenvolvendo unha capacidade de interculturalidade, é dicir, coñecemento, conciencia e comprensión tanto da súa propia cultura como das normas e valores culturais da comunidade de falantes da lingua meta. Deste xeito as distintas culturas contrástanse, obsérvanse e estúdanse en perspectiva. O individuo, consecuentemente, aprende a superar posibles malentendidos interculturais e situacións difíciles. Por outra banda, a potenciación de valores interculturais serve tamén para desterrar e loitar contra os estereotipos que na meirande parte dos casos non obedecen a unha causa xustificada.