Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).
Constitúe un dos obxectivos principais do Consello de Europa (2001) no Marco Europeo Común de Referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. A diversidade lingüística ou a aprendizaxe de varias linguas non se entende como unha mera suma de coñecementos de distintos sistemas lingüísticos que van ocupando compartimentos estancos dentro do saber dunha persoa, senón como a adquisición dunha competencia plurilingüe e cultural de carácter global que abarca todas as linguas que o individuo coñece. Este obxectivo ten tres implicacións directas e importantes desde o punto de vista curricular:
- o currículo escolar debe dar cabida a distintas linguas, facilitando aos aprendices o desenvolvemento dunha gran variedade de destrezas lingüísticas;
- débese examinar o papel de cada unha das linguas dentro do currículo, xa que non responderán todas elas ás mesmas necesidades e motivacións dos alumnos;
- o sistema educativo debe favorecer a transferencia de destrezas lingüísticas dunha lingua a outra, estudando de forma individual os obxectivos e a progresión de cada unha das linguas presentes no sistema.
Entradas relacionadas:
Bibliografía: