Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).
Tamén habilidades lingüísticas.
Sobre elas apóiase todo o ensino dunha segunda lingua e coñécense familiarmente como “as catro destrezas”, que son: comprensión oral, comprensión lectora ou lectura, expresión oral e expresión escrita ou escritura. Dise que constitúen os alicerces capitais sobre os que se fundamenta todo o ensino, pois dalgunha forma todo aprendiz que estuda unha lingua terá que alcanzar un nivel mínimo de competencia en cada unha delas. Loxicamente, a énfase posta en cada unha estará en consonancia coas necesidades e intereses do discente. Na meirande parte dos cursos de segundas linguas de carácter xeral téndese hoxe en día cara a unha integración destas catro destrezas.
Tradicionalmente identificáronse a comprensión oral e a lectura como as destrezas receptivas mentres que as produtivas correspóndense coa expresión oral e escrita. Na actualidade cuéstionase esta distinción entre receptivas e produtivas porque dalgún xeito as receptivas requiren algún tipo de produción ou parte activa no proceso, e as produtivas presupoñen igualmente algún elemento de recepción. O marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación prefire referirse a estas destrezas como actividades de lingua, distinguíndose cinco grandes áreas en lugar das tradicionais catro, xa que dentro da expresión oral se agrupan dúas subdestrezas; por unha banda, a capacidade para falar e, por outra, a habilidade para interactuar nunha conversa ou discusión.
Doff, A. 1988. Teach English: A Training Course for Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.
Harmer, J. 2015. The Practice of English Language Teaching. New York: Longman. 5th edition.
Kaplan, R. (ed.). 2010. The Oxford Handbook of Applied Linguistics. Oxford: Oxford University Press. 2nd edition.
Ur, P. 1996. A Course in Language Teaching – Practice and Theory. Cambridge: Cambridge University Press.